Festas patronais en Lalín

0
389

cartel-orquesta-philadelphia-2009

Nove grandes formacións musicais amenizan estes días as festas de Lalín. A orquestra Philadelphia actuará na xornada dominical coa Gran Parada de Rianxo

Comezaron onte as festas patronais en Lalín. A zona coñecida como O Regueiriño énchese de atraccións de feira para ambientar de festa toda a vila. Cinco días de celebracións con concertos e verbenas que rematarán o día 22 cunha gran festa a cargo de tres importantes formacións musicais: AMÉRICA, OLYMPUS e PARÍS DE NOIA.

Outras orquestras que pasarán por Lalín serán FOLIADA (hoxe sábado), GRAN PARADA e PHILADELPHIA (domingo), COSTA OESTE e CINEMA (luns). As verbenas levaranse a cabo no Campo da Feira e o último día, AMÉRICA e PARÍS DE NOIA no Campo da Feira e a OLYMPUS, na Praza da Igrexa.

O programa de festas complétase con todo tipo de actividades que podes consultar en Festa a Festa.

PROGRAMA MUSICAL FESTAS DAS DORES 2009

…..VENRES 18

MIDAS

Concerto: RIF-RAF e 96 GRADOS

…..SÁBADO 19

FOLIADA

Concerto: SETE SETENTA e BANDA DE NASH

…..DOMINGO 20

GRAN PARADA e PHILADELPHIA

…..LUNS 21

COSTA OESTE e CINEMA

…..MARTES 22

AMÉRICA, PARÍS DE NOIA e OLYMPUS

Podes consultar o programa completo das Festas das Dores en Lalín.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*