A maioría das atraccións de feira instaladas para a Pascua de Padrón diríxense a unha nova localización. A próxima fin de semana son as Festas da Xuventude de Balaídos, unha das grandes citas deste mes na cidade olívica.
Serán cinco días de festa onde actuarán orquestras de recoñecido prestixio como CAPITOL e LEDICIA o venres 8, PASSARELA e ABANICO o sábado, a portuguesa FUNÇAO PUBLIKA o domingo e cerrando o martes, a orquestra OLYMPUS de Negreira.
Para o luns está reservada a actuación dunha das que serán orquestra revelación de 2016, LA FÓRMULA, cuxo cartel promocional encabeza esta información.