Lidia Sueiro segue en ascenso

0
435

lidia-sueiro-foto

A vocalista Lidia Sueiro, a pesar da súa curta idade, segue imparable cara ao camiño do éxito. Unha apaixonada da música, foise facendo coñecida por cantar algún tema coa orquestra OLYMPUS hai algunhas temporadas, e non deixaba ao público indiferente pola súa forza de voz e particular estilo. O verdadeiro salto deuno cando pasou a formar parte dun dúo musical ata que tivo a oportunidade de cubrir unha substitución no grupo CHASTON, no que traballou na segunda parte da temporada que xa rematou.

Agora continúa a súa andaina nunha orquestra. En 2011 Lidia Sueiro será unha das vocalistas da CENIZA, formación musical coruñesa na que traballan os populares Álex e Ale tamén nas voces. Lidia substitúe na dianteira a Eveling e pronto poderemos vela en directo.

O esforzo sempre ten a súa recompensa e Lidia sempre tivo claro que para chegar á meta hai que traballar. Agora xa forma parte dunha orquestra e desexámoslle que continúe sempre a máis.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*