O grupo SAMBA ten nova imaxe de cara á temporada 2011 que xa comeza. A gran novidade, e única ata o momento, era o cambio de vocalista masculino debido á retirada de Antonio González dos escenarios. Así foi como Álex Costas poñía punto e final a once anos de carreira en AMÉRICA SL para incorporarse a SAMBA 2011.
Pero a entrada de Álex, finalmente, non será a única. O guitarrista Sergio Ariel causa baixa no grupo e no seu lugar entra un músico de 23 anos chamado Martín, procedente da orquestra ESTRELLAS AZULES, que ademais da guitarra toca tamén os teclados.
Coas novas incorporacións a imaxe, e de seguro que tamén o espectáculo, dará un xiro importante para ofrecernos o mellor do grupo sen esquecer nunca a principal característica de SAMBA: música bailable e de verbena.
O grupo queda finalmente como segue:
Estela Rodríguez (voz e coros)
Álex Costas (voz e coros)
Manuel García Lajo (teclados, sampler e voz)
Martín Almeida (guitarra e teclados)
Carlos Alberto Casal (batería e percusión electrónica)
Joaquín Bóveda “Quinso” (baixo e voz)
Víctor Costa (técnico de son)
Ramiro (técnico de montaxe e condutor)
En breve ofreceremos unha galería de imaxes do que foi o grupo SAMBA 2010 e novos vídeos para sumar aos que xa editamos no seu momento. A verbena ten un nome propio, chámase SAMBA, e en 2011 más e mellor.