Iván Edrosa, nova orquestra e nova web persoal

0
367

orquesta-nova-palma-2010-ivan-edrosaIván Rodríguez Edrosa, novo cantante da orquestra Nova Palma, preséntanos a súa web persoal

Algúns coñecerano por ser o cantante durante catro anos da orquestra VENEZIA, outros por formar parte da orquestra ALMIRANTES, á que volveu en 2009 despois de ser a súa primeira formación musical, pero o certo é que Ivan Rodríguez Edrosa vai forxando a súa carreira de éxitos por cada unha das orquestras que pasa.

Este cantante natural de Lugo aterra na temporada 2010 nun novo destino; desta volta na orquestra NOVA PALMA de Corcubión tal e como informamos desde Festa a Festa. Será unha das novas fichaxes nesta orquestra da Costa da Morte que presenta moitos cambios para a nova etapa.

Para ir abrindo boca, Iván Edrosa preséntanos a súa nova páxina web persoal, na que poderemos coñecer máis sobre o cantante: biografía, calendario de actuacións, vídeos e fotografías para saber máis sobre o novo cantante de NOVA PALMA.

O tour da orquestra de Corcubión dará comezo a principios de maio, con moitas novidades nos compoñentes e repertorio. Desde Festa a Festa manterémoste informad@ de todas as novidades que vaian aparecendo.

Páxina web Iván Edrosa

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*