Ponferrada: festas “made in Galicia”

0
356

afiche-galilea-2009A orquestra Galilea, da Estrada, será a primeira en actuar nas festas máis importantes de Ponferrada

Actuarán en Ponferrada nove orquestras e grupos galegos: GALILEA, CHARLESTON BIG BAND, VERSALLES, CICLÓN, PANORAMA, PARÍS DE NOIA, LA OCA, MIRAMAR e PONTEVEDRA.

Comezan xa as Fiestas de La Encina, as máis importantes da cidade de Ponferrada. Unha semana de celebracións que, en principio, non deberían ter cabida no noso blog ao se tratar dunhas festas non galegas, se non fose porque nelas actuarán orquestras practicamente todas elas galegas. A xulgar polo cartel de orquestras e grupos musicais, máis parecen as festas de Carballo ou do San Froilán, que as da Encina.

Doutra banda, esta información ha de ser de grande interese para todos aqueles galegos da zona de Valdeorras (O Barco, A Rúa…) que se achegan cada ano a Ponferrada para gozar das súas festas. E é que do Barco a Ponferrada hai tan só 35 minutos de coche. Como para non ir!

PROGRAMA DE ORQUESTRAS FIESTAS DE LA ENCINA 2009 (PONFERRADA)

…..VENRES 4

ORQUESTRA GALILEA

…..SÁBADO 5

ORQUESTRAS CHARLESTON BIG BAND E VERSALLES

…..DOMINGO 6

GRUPO CICLÓN E ORQUESTRA PANORAMA

…..LUNS 7

GRUPO LA OCA E ORQUESTRA PARÍS DE NOIA

…..MARTES 8

ORQUESTRAS MIRAMAR E PONTEVEDRA

…..MÉRCORES 9

ORQUESTRA WAYKAS

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*