Remate festivo para a fin de semana

0
382

a-peroxa-armental-festas-2010

Por problemas no servidor onde se aloxa Festa a Festa, o venres non se puido publicar nada no blog. Tiñamos algunhas festas que remataron onte sábado á parte dunha entrada sobre as actuacións estelares de MAGO DE OZ e MIGUEL BOSÉ en Narón. Obviamente xa non ten sentido editar nada diso polo cal pedimos desculpas.

O que son as cousas, MIGUEL BOSÉ tampouco puido actuar en Narón e foi substituído polo rockeiro ROSENDO.

Publicamos nesta entrada dous carteis que aínda teñen vixencia para hoxe e lembramos que rematan as festas dos Castros (A Coruña) coa actuación do grupo CHASTON.

Coa migración a un servidor máis potente espérase que os blogs de LA OPINIÓN A CORUÑA, onde tamén está integrado Festa a Festa, funcionen mellor. Esperamos que o fallo do venres durante case todo o día compensase un mellor funcionamento do blog. Saúdos e boa festa!

dodro-bexo-2010-cartel

grupo-chaston-2010-cartelO grupo Chaston cerra hoxe as festas dos Castros na Coruña. Onte sábado foi o lanzamento do globo e actuou o grupo Atenas. As festas comezaran o venres coa música da orquestra Ceniza

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*