A Centenaria rebenta en festas

0
610

ribeira-festas-do-veran-2010-cartelFESTAS DO VERÁN, RIBEIRA 2010

A capital do Barbanza, Santa Uxía de Ribeira, comeza dentro dunhas horas as súas Festas do Verán. Un programa moi atractivo e cheo de actividades e música de todos os estilos.

Toda a fronte marítima da localidade ribeirense está tomada polas atraccións de feira que, coma sempre, ocupan desde o Malecón ata a entrada da lonxa creando un dos recintos feirais máis importantes en Galicia, aínda que a coincidencia no calendario este ano coas festas da Peregrina en Pontevedra causa varias baixas de atraccións grandes que eran habituais na localidade do Barbanza. Aínda así a oferta de carruseis e demais aparellos é moi ampla.

Pola súa banda, a praza do Concello, o Malecón, o parque García Bayón e a praza do Rueiro serán os escenarios musicais para a edición 2010 que levará a maioría dos días tres actuacións diferentes.

ribeira-festas-do-veran-2010-programa

Comezan xa unhas das festas de máis sona no Barbanza e cada vez con máis tirón grazas a un potente programa musical que inclúe música dalgunhas das consideradas mellores orquestras galegas, un concerto pop a cargo da ex de La Oreja de Van Gogh, AMAIA MONTERO ou a boa música tributo a Dire Straits da man de BROTHERS IN BAND. Na edición deste ano tamén se fai unha clara aposta pola música da terra con tres actuacións de grupos de renome como son: A RODA, FÍA NA ROCA e LEILÍA.

E se hai que falar de orquestras, nomes moi coñecidos os que se darán cita no Malecón ribeirense ou no parque García Bayón: OLYMPUS (que abre as festas), PARÍS DE NOIA, AMÉRICA SL, CICLÓN, SALSA ROSA, RITMO JOVEN, CINEMA e LOS TROVADORES (que cerrarán o luns os festexos).

Mención á parte merece a actuación dunha formación musical clásica, a ORQUESTA SINFÓNICA DE ACORDEONES DE BILBAO o venres. Desfile de carrozas, actuación de monicreques, RIVEIRALANDIA e Festa da escuma, ademais da sesión de fogos artificiais do sábado, son outras das actividades que completan o programa de festas en Ribeira. Seis días de troula despois da Dorna, para non perder o costume…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*