Imos ás cebolas a Sanxenxo

0
360

orquesta-panorama-2009-cartelPanorama e Marbella abren a Festa da Cebola en Sanxenxo dentro dunhas horas

A Festa da Cebola é a segunda parte das celebracións en Sanxenxo. A semana pasada a localidade pontevedresa celebraba o patrón, San Xenxo, con festas durante varios días. Despois dun pequeno descanso as luces de verbena vólvense acender para dar a benvida á Festa da Cebola, moi arraigada pola zona.

E é que noutros tempos, non tan remotos, a xente acudía a Sanxenxo a facer provisión de cebola, mesmo xente de fóra de Galicia viaxaba ata a vila pola sona das cebolas. Hoxe dáselle máis importancia ao feito festivo que ao gastronómico coa celebración de verbenas na Praza do Mar, e nada mellor que empezar por todo o alto coa actuación de dúas grandes orquestras: PANORAMA e MARBELLA LIGHTS SHOW.

E o venres, día no que terá lugar o grande espectáculo pirotécnico na praia de Silgar, actuación de dous grupos punteiros do panorama festeiro: LIMÓN e LA OCA. Estes últimos actúan na casa despois de percorrer toda Galicia e convertérense nunha das formacións musicais máis demandadas polas comisións de festas. Á vista está o número de actuacións que levan feito e aínda as que quedan.

E o sábado rematan as festas coa actuación de TROCO e MANILA. Coa verbena do sábado rematan definitivamente as festas de Sanxenxo ata o vindeiro ano.

grupo-la-oca-2009-cartelO grupo La Oca toca na casa xunto con Limón o día do espectáculo pirotécnico na praia de Silgar (venres)

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*