O grupo Assia actúa nas festas de Dodro

0
409

grupo-assia-2009-cartelO grupo asturiano Assia actuará en agosto un total de catro veces en Galicia. Dodro é a última este mes por terras galegas

Fotografía sacada da web dos nosos compañeiros de Pasión Orquestas

Comeza hoxe unha nova edición das festas de Dodro, o San Campio 2009. Seis orquestras e grupos serán os encargados de amenizar as verbenas durante tres días de celebración, aínda que as festas en si comezan xa hoxe coa actividade DIVERNENO dedicada aos máis cativos da casa.

Destacamos o grupo ASSIA entre todas as agrupacións musicais non porque sexan mellores ou peores que os demais, senón porque é unha agrupación asturiana que nos visita pouco, de feito só teñen catro datas este mes en Galicia, e que ten no seu haber moi boas críticas e fama de facer moi boa música. Xunto a este potente grupo asturiano estará a orquestra coruñesa AÑORANZA.

O programa complétase coas actuacións do luns e martes coas agrupacións musicais LEDICIA, ESTRELLAMAR, TANGO e SUAVECITO ORQUESTA (Zona Sur).

PROGRAMA:

SÁBADO 22 – DIVERNENO

DOMINGO 23 – ASSIA e AÑORANZA

LUNS 24 – LEDICIA e ESTRELLAMAR

MARTES 25 – TANGO e SUAVECITO ORQUESTA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*