Nas festas patronais actuarán orquestras como París de Noia, Panorama ou El Combo Dominicano nunhas celebracións que custarán 150000 €
________
Comezan as festas máis importantes na Estrada. O San Paio trae algunhas das orquestras máis mediáticas do momento á localidade.
As atraccións de feira ultiman a montaxe na praza da Feira e na rúa 25 de xullo para catro días de festas que comezan mañá sábado. Son as de sempre: camas elásticas, autos de choque, pista americana, dragón, saltamontes, nube e o espectacular Boomerang, entre outras.
Cun orzamento de 150.000 € o programa de San Paio leva á localidade as orquestras máis cotizadas do momento ata o vindeiro luns 27. LOS SATÉLITES e NEW YORK abren mañá as festas; GALILEA (que xoga na casa) e ROYAL ORQUESTA DE GALICIA farano o sábado; o domingo actuarán PARÍS DE NOIA e PANORAMA nunha das poucas ocasións en que se poderán ver as dúas xuntas (aínda que fisicamente estarán en localizacións separadas debido a que non entran na mesma praza os dous escenarios); e como remate fin de festas, o vindeiro luns, ademais dos clásicos fogos artificiais, a actuación de EL COMBO DOMINICANO.
O programa complétase con numerosas actividades de todo tipo e a posta en marcha, por primeiro ano, dun tren festeiro.