Unha das romarías máis tradicionais de Zas

0
437

orquesta-embajadores-cartelA orquestra Embajadores amenizará a verbena en Mira (Zas) xunto á orquestra Gran Estelares

O luns é día de festa no concello de Zas. Concretamente é o día de San Roque, e as merendas e mais a música serán protagonistas ao redor da capela de San Roque, en Mira.

A de San Roque do Monte é unha das romarías máis tradicionais de Zas, quizais xunto á Santa de Muíño, que se celebra nesa parroquia polo 26 de xullo, día de Santa Ana.

Ofrecemos o programa completo da romaría e por experiencia propia aconsello ir a quen poida para pasar un día diferente de festa.

ROMARÍA DE SAN ROQUE DO MONTE. MIRA, ZAS

LUNS 24 DE AGOSTO 2009

Pola mañá sairá de Mira, a procesión do Santo cara á ermida. Haberá a bendición do pan e tamén a da terra, e logo comezarán as misas rezadas.

Dianas e alboradas a cargo da charanga de Negreira:

OS CELTAS

Ás 13:00 horas será a misa solemne, e logo haberá a gran poxa dos galos. A sesión vermú estará amenizada pola orquestra:

GRAN ESTELARES

Haberá grandes merendas baixo dos castiñeiros e bidueiros e de novo actuará a charanga percorrendo as merendas.

Desde que se bendí o pan os confrades pagarán a confraría e a entregado pan rematará ás 13:00 horas.

Pola noite gran verbena a cargo das orquestras:

GRAN ESTELARES

e EMBAJADORES

* Publicitamos a Romaría de San Roque do Monte pese á mala educación do integrante da Comisión de Festas que se puxo en contacto comigo.

Ao mesmo tempo quero agradecer ao resto de persoas que nos envían carteis e programas, tanto membros de comisións coma particulares, a súa amabilidade en todo momento e seguimos á disposición de todas aquelas persoas que queiran publicitar as súas festas, como ata agora o viñemos facendo.


Sen comentarios

Deixa unha resposta


*