Cis celebra as súas festas con estrea

0
418

cis-mexillon-boaAmérica e Marbella Lights Show serán as formacións musicais encargadas de abrir as grandes festas de Cis (Oza dos Ríos)

As festas de Cis, no concello de Oza dos Ríos comezan mañá venres coa Festa do Mexillón e a actuación de dúas formacións musicais de renome: o grupo AMÉRICA e a orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW.

As celebracións continúan o sábado e mais o domingo. Actuarán o humorista Lito Arzúa e o grupo ANAGRAMA de Monforte de Lemos. A fin de festa será a cargo do grupo PRIMERA FILA.

A Comisión de Festas envíanos o programa completo e quere agradecer publicamente ao Concello de Oza dos Ríos o apoio para poder levar a cabo as festas 2009 en Cis.

Entre as melloras, a máis importante é a estrea dun novo campo da festa. Desde Festa a Festa desexarlles aos veciños de Cis e visitantes unhas boas festas e unha boa estrea.

oza-dos-rios-cis-2009-sabado-cartel

oza-dos-rios-cis-2009-domingo-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*