O mellor percebe do mundo está de festa

0
384

ponteceso-festa-do-percebe-do-roncudo-2009-cartel

Hoxe sábado é a data elixida para unha das celebracións gastronómicas máis importantes da Costa da Morte: a Festa do Percebe do Roncudo, na vila de Corme (Ponteceso).

Os do Roncudo son os considerados mellores percebes do mundo e polo tanto non podían quedar sen exaltación gastronómica. A cita serve para promocionar un dos produtos máis prezados da zona e tamén para gozar dunha xornada de festa que abrirán as incombustibles Cantareiras de Ardebullo.

Nucha e Mucha, as cantareiras, están a ter un verán do máis ocupado, parecen a Panorama, con case que todos os días completos. Venres en Mosteirón (Sada), sábado en Corme, a continuación en Vilaboa (Culleredo) e así ata completar o mes de pregón en pregón.

A festa estará amenizada pola orquestra COSTA AZUL e complétase con outras actividades conducentes a coñecer máis o mundo do percebe en xeral, e do Roncudo en particular.

PROGRAMA DA FESTA DO PERCEBE

Ás 10.00h Música na rúa. Comeza a xornada con actuacións musicais da Magnifique Band des hommes sans medo e a Comparsa Balumba de Badajoz.

Ás 12.00h Misa na honra dos mariñeiros e percebeiros falecidos. Actuación da Coral Brisas do Mar de Corme.

13.00h Posta á venda dos vales de Percebe, Polbo, Empanada, Pan e Viño.

13.30h Pregón a cargo das Cantareiras de Ardebullo.

14.45h Sesión vermú coa orquestra COSTA AZUL.

Actividades toda a tarde. Coñece o Roncudo por terra e mar. Tren turístico e catamarán turístico.

Pola noite, gran verbena con COSTA AZUL.

orquesta-costa-azul-2008-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*