O San Xoán adiántase á fin de semana

0
389

A fin de semana na que xa estamos a entrar adianta moitas festas do San Xoán sobre todo en parroquias pequenas, porque nas grandes localidades onde celebran o patrón (Carballo, Poio ou Sarria) as festas terán lugar ao longo de toda a semana que vén.

Ofrecemos aquí un pequeno calendario coas festas de San Xoán das que temos coñecemento. Haberá centos delas por toda Galicia.

Tamén haberá celebracións do Santo Hadrián e a Festa da Luz na Coruña (acto enmarcado dentro da campaña a prol da Torre de Hércules Patrimonio da Humanidade). O verán xa está aquí, e con el, as festas.

Se queres que a festa da túa parroquia, vila ou barrio apareza en Festa a Festa mándanos ao enderezo web o programa.

SAN XOÁN 2009

LUBRE (BERGONDO (A CORUÑA)

19 XUÑO. Churrascada e actuacións da orquestra EMBRUJO e o grupo ESTRELLA. 20 XUÑO. Orquestra TABÚ. 21 XUÑO. Orquestra BRUJAS. 24 XUÑO. Mexilloada e actuación do grupo ESTRELLA.

OUCES (BERGONDO) (A CORUÑA)

19 XUÑO. Churrascada e actuación da orquestra FANIA BLANCO SHOW. 20 XUÑO. Orquestra XENTE NOVA. 21 XUÑO. Dúo SON LATINO (só sesión vermú).

PRAVIO (CAMBRE) (A CORUÑA)

19 XUÑO. Gran pulpada e actuación da orquestra MARBELLA LIGHTS  SHOW. 20 XUÑO. CIBELES. 21 XUÑO. Sesión vermú cun grupo musical.

TORREIRA -VISTA ALEGRE (SANTIAGO) (A CORUÑA)

19 XUÑO. Actuación das formacións musicais ATALAYA e SOLYMAR. 20 XUÑO. Actuación de HIROSHIMA e GLAMOUR. 23 XUÑO. Gran sardiñada.

SANTO HADRIÁN 2009

MALPICA (A CORUÑA)

19 XUÑO. ESTRELLA DE MAR. 20 XUÑO. Orquestras ALIANZA e XUNTANZA. 21 XUÑO. Orquestra JUAN MALLO.

CORME (Aldea) (PONTECESO) (A CORUÑA)

19 XUÑO. TRIUNFO e CIBELES. 20 XUÑO. CHASTON e BOHEMIA. 21 XUÑO. NEBRASKA

TORRE DE HÉRCULES (A CORUÑA) FESTA DA LUZ

20 XUÑO. Gran pulpada e actuación da orquestra PHILADELPHIA na explanada da Torre de Hércules

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*