36 anos de Festa do Salmón na Estrada

0
869

festa-do-salmon-36-a-estrada-2009

XXXVI FESTA DO SALMÓN DA ESTRADA: 17 DE MAIO

A Estrada celebra este domingo festa por partida dobre. Á celebración do Día das Letras súmaselle a Festa do Salmón.

Pero as actividades referidas a esta festa terán lugar durante toda a semana e algunhas das máis relevantes levaranse a cabo na véspera, como por exemplo a feira do libro galego e o Manifesto das Letras nos xardíns municipais da vila.

No apartado musical, a noite antes da Festa do Salmón contará coa actuación do mítico grupo estradense Los Chiky’s. Esta é a banda galega máis antiga de rock en activo. Formouse en 1964 e foi sempre unha seria competidora das orquestras.

Os músicos do grupo da Estrada seguen a usar instrumentos da primeira época cos que tocan cancións de Los Brincos, The Animales, Blue Diamonds ou Los Lobos. Será no teatro Principal ás 21.00 horas. A continuación levarase a cabo o concerto A Estrada en pé (22.30 horas na Praza do Concello).

O día propio da festa será o domingo, Día das Letras, e entre outras actividades, o máis destacado da xornada será a feira de artesanía, unha concentración de motos Harley Davidson, exhibición de aeromodelismo, degustación do salmón e teatro.

Ademais, a hostalaría da Estrada súmase á festa ofrecendo degustacións gratuítas de salmón cociñado de múltiples maneiras durante toda a xornada festiva.

Sen comentarios

  1. Ola de novo Judit.

    Esa data xa a traía apuntada porque vin hoxe os carteis ao ir para Santiago.
    Xa a agregamos ao calendario.
    Con axudantes así dá gusto!!!

    Un saúdo e grazas!!!

Deixa unha resposta


*