Música e gastronomía en Folgoso

0
417

folgoso-abegondo-festas-2009-cartel3

Xa están aquí outro ano máis as festas de Folgoso (Abegondo). Como en cada edición, estas celebracións teñen dúas compoñentes importantes: a gastronomía e a música.

Xa é unha tradición en Folgoso comezar o venres cunha boa churrascada popular e a continuación a música e o espectáculo da orquestra PANORAMA. A formación musical de Caldas de Reis chega outro ano máis coa súa xira, que desta vez se denomina “El gran musical. Tour 2009” para poñerlle o broche de ouro á xornada máis importante das festas. O sábado actuará o grupo ALKAR.

E para rematar o domingo, un grupo musical amenizará a sesión vermú.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*