XXX FESTA DO VIÑO DE BARRO (PONTEVEDRA) 19, 20 E 21 DE XUÑO
Se hai poucos días dábamos conta da 37 edición da Festa do Viño do Salnés en Barrantes (Ribadumia) con grande éxito de participación a pesar dalgunha xornada de chuvia, esta vez tócalle á localidade pontevedresa de Barro, que celebra durante hoxe e a fin de semana a súa XXX Festa do Viño con múltiples actividades entre as que destacan competicións deportivas, feira gastronómica, sardiñada gratuíta o domingo e verbenas con catro das mellores orquestras de Galicia: CHARLESTON BIG BAND, GRAN PARADA, OLYMPUS e PHILADELPHIA.
Tamén haberá un concerto con catro bandas de música na última xornada (domingo) e unha verbena fin de festa.
Cartel da Festa do Viño de Barro / roxegar
PROGRAMA DA XXX FESTA DO VIÑO DE BARRO
Venres 19:
– A partir das 17:00 horas xornada de xogos.
– Ás 20:30 horas: inauguración de Stands.
– Ás 22:00 horas: Gran Vervena coas orquestras PHILADELPHIA e CHARLESTON BIG BAND
Sábado 20
– Ás 11:00 horas: Cata derradeira.
– Ás 13:00 horas Actuación de Grupos Folklóricos e Bandas de Música
– Às 21:00 horas: Gran Vervena coas orquestras: OLYMPUS e GRAN PARADA
Durante toda a xornada e no Campo de Fútbol de Outeiro (Perdecanai) disputaranse os seguintes encontros:
– 11:00 horas: Barro CF – ED Poio (Categoría Alevín)
– 12:00 horas: Barro CF – Umía CF (Categoría Infantil)
– 17:15 horas: Barro CF – Atlético Cuntis (Categoría Benxamín)
– 18:30 horas: Barro CF – CD Mosteiro (Categoría Prebenxamín)
– 19:30 horas: Barro CF- Terras de Curro SCD (Veteranos)
Domingo 21
Alborada con tirada de fogos de artificio.
– Ás 11:00 horas: Actuación da charanga NBA
– Ás 12:30 horas: Sardiñada e viño gratis para todos os asistentes.
– Ás 14:00 horas: Entrega de Trofeos
– Ás 14:30 horas: Sesión Musical a cargo dunha orquestra
– Ás 20:00 horas: Concerto a cargo das Bandas:
– Unión Musical de Lantaño.
– Banda de Música Municipal de Caldas
– Banda “Nova Lira” de Moraña.
– Banda Cultura e Xuventude de Barro.
– A partir das 22:00 horas gran verbena amenizada por unha orquestra.
Organiza: Amigos do Viño de Barro
Colabora: Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra e Concello de Barro.