Adianto do programa das patronais de Carballo e A Estrada

0
539

atraccion-festas-de-carballoAtracción habitual nas festas de San Xoán de Carballo / roxegar

SAN XOÁN DE CARBALLO, DO 23 AO 28 DE XUÑO

ABRE O 23 GRAN PARADA E CERRA O 28 A OLYMPUS

SAN PAIO DA ESTRADA, DO 23 AO 28 DE XUÑO

ABREN O 23 PANORAMA E OLYMPUS, CERRA O 28 A PARÍS DE NOIA

Se non hai cambios de última hora, as orquestras PANORAMA e OLYMPUS serán as encargadas de abrir o programa das festas da Estrada San Paio 2009. Como colofón, o día 28 cerrarán as festas os compoñentes de PARÍS DE NOIA. Pero entre eses dous días haberá outras actuacións como LA OREJA DE VAN GOGH ou MÄGO DE OZ entre outras.

Como novidade este ano a comisión de festas puxo á venda un bono por 30 € que dá dereito a subir en todas as atraccións de feira de forma gratuíta así como aparcamento de coche e entrada para algúns concertos como o de LA OREJA DE VAN GOGH, que sen bono ten un custo de 18 €. O bono tamén dá dereito a participar gratuitamente na sardiñada do día 23.

O que si parece estar xa cerrado é o programa de festas do San Xoán 2009 de Carballo, unha das celebracións máis importantes da comarca de Bergantiños. A Comisión de festas xa fixo pública a listaxe de actuacións orquestrais para este ano. Abre as festas a orquestra GRAN PARADA e cerra o día 28 a OLYMPUS de Negreira. Outras actuacións serán o 24 o grupo CICLÓN, o 25 a orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW, o 26 as orquestras SATÉLITES e TRÉBOL e o 27 as formacións ORQUESTRA TV e COSTA OESTE.

Tamén este ano haberá unha nova edición da Festa do Bosque así como o tradicional recinto de atraccións de feira no parque e explanada de San Martiño.

Seguiremos informando sobre estas dúas festas importantes non só na súa comarca senón en toda Galicia.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*