Viño augado: Panorama e Philadelphia cancelan en Barrantes

0
334

panorama-2009-diana-cea1

Diana Cea, da orquestra Panorama. Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño / roxegar

Debido á chuvia que non deixou de caer en practicamente todo o día as orquestras PANORAMA e PHILADELPHIA non puideron actuar hoxe na XXXVII Festa do Viño Tinto do Salnés no lugar de Barrantes, concello de Ribadumia.

Non se poderá repetir, polo tanto, unha noite de festa rachada como a de onte sábado, coa pequena vila de Barrantes ateigada de coches e xente para gozar dun día festivo. Os stands de degustación non daban despachado, as atraccións de feira a pleno rendemento e os negocios de hostelería totalmente desbordados. Esa era a imaxe que puiden presenciar en persoa nunha noite na que as orquestras JERUSALÉN e CINEMA puxeron todo pola súa parte para que fose unha cita memorable.

Se tivese que destacar algo quedaría coa posta en escena impecable de CINEMA, sobre todo no comezo da segunda parte, e con todo o segundo pase de JERUSALÉN, que deu caña e da boa durante hora e media sen parar.

A chuvia fixo tamén das súas o venres nas festas de Barrantes. A orquestra PARÍS DE NOIA levou adiante o seu concerto de aniversario pero non sen problemas, xa que a auga estragou o grupo electróxeno e causou o corte de electricidade en dúas ocasións. Miles de persoas acudiron ao evento da PARÍS DE NOIA onde o máis aclamado dos invitados foi Melendi.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*