Padrón: unha feira medieval que vai a máis

0
366

Padrón - Feira Medieval 2009 - cartelPadrón celebra un ano máis a súa feira medieval, que este ano se adianta unha semana para afastala un pouco das festas do Santiaguiño que terán lugar do 24 ao 26 de xullo e das que falaremos dentro duns días porque serán unhas datas a ter en conta para os amantes do folk galego de primeira fila, con Mercedes Peón e Cristina Pato entre os convidados.

Pero non adiantemos acontecementos e falemos do que nos toca hoxe: a Feira Medieval de Padrón que terá lugar entre hoxe venres e o vindeiro domingo.

O venres levarase a cabo o desfile inaugural, pregón e espectáculos de bufóns e malabaristas.

O sábado o mercado permanecerá aberto de 12:00 horas ata a medianoite e haberá ademais animación nas rúas, exhibición de cetraría, teatro con La guardia del Mercado, a decapitación dun ladrón na praza da vila ou o espectáculo nocturno El corazón de fuego. Tamén se levará a cabo o torneo medieval de Lenged Especialistas (20.00 horas).

Domingo: espectáculo de lume da compañía Art-Monium e o pasacalles sobre as once da noite despedirán esta edición da feira medieval padronesa.

A música de ambiente e os postos de artesanía e de alimentación completarán o programa festivo de 2009.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*