Cabo da Cruz reúne a dúas das mellores orquestras para o Carme

0
379

boiro-cabo-da-cruz-2009-festas-do-carme-cartel1

Podes clicar na imaxe para ver a información a maior tamaño

Pouco a pouco van pasando polo noso blog as mellores festas de Galicia, entre elas as do Barbanza. Neste caso falaremos dunhas festas do Carme que son referencia en todo Arousa Norte e sobre todo no concello de Boiro: as  do Cabo da Cruz.

As festas do Carme do Cabo da Cruz xa teñen sona na zona de seren potentes, e para mostra non hai máis que botarlle unha ollada ao cartel das celebracións deste ano. Para a noite do Carme (do 15 ao 16 de xullo), unha das de máis festas en Galicia, comparable á noite do 24 e ás do 14 e 15 de agosto, os rapaces compoñentes da Directiva das festas conseguiron, supoñemos que con moito esforzo, porque cada vez é máis difícil organizar festas populares, a dúas das mellores e máis seguidas orquestras de Galicia: nada máis e nada menos que á PANORAMA e á OLYMPUS.

Xa de por si o feito de reunir na mesma noite a estas dúas formacións é meritorio, pero este ano máis se cabe debido á situación de crise que fai que moitas festas non se celebren e moitas outras teñan que rebaixar considerablemente o presuposto.

Pois este ano no Cabo da Cruz poden presumir de contar con dúas bandas de primeira fila para o seu primeiro día de festas. Pero é que ademais o programa se completa con competicións deportivas, procesión e unha espectacular sesión de fogos artificiais e acuáticos. Para a segunda verbena contarase coa actuación de dous grupos musicais como son TEKILA de Asturias e TRIUNFO de Pontevedra.

Pero é que aínda hai máis: o segundo día de celebracións terá lugar unha Mostra de bailes folclóricos internacionais, con grupos de Bulgaria, México e Galicia.

O esforzo da Directiva das Festas do Cabo da Cruz verase compensado, de seguro, coa asistencia masiva de barbanzanos á súa festa, desde Ribeira ata Rianxo.

Para as festas do Cabo da Cruz hai operativas dúas webs onde se pode atopar información dos anos 2008 e 2009. Podes visitar o noso apartado de Enlaces no subapartado Festas.

boiro-cabo-da-cruz-2009-directiva-festas-do-carmeDirectiva das Festas do Carme do Cabo da Cruz 2009. Todos eles veciños da parroquia boirense

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*