Culleredo abre as festas patronais

0
461

DSC_5214A orquestra Panorama abre hoxe as festas de Culleredo, concello onde xa actuou en máis festas (Vilaboa ou O Burgo -na imaxe-) / © fotografía: roxegar 2010

O concello coruñés de Culleredo está de festas. Algunhas das citas máis importantes da comarca coruñesa, en canto a festas se refire, danse neste concello. As de máis sona son sen dúbida as do Burgo pero séguenlles de preto outras como as de Vilaboa, Castelo, Castro (que acaban de ser), a romaría de Sésamo e, como non, as do patrón de Culleredo, que teñen lugar na capital do concello e comezan hoxe.

Orquestras como PANORAMA (hoxe), PARÍS DE NOIA (mañá venres), PONTEVEDRA (sábado) ou ALAMEDA BAND e FOLIADA (para cerrar o luns) forman o groso do programa a falta de saber a formación que actuará o domingo. Con estas festas dáse por cerrada a temporada festeira do verán 2010 no concello. Faltan un par de datas pero estas xa serán ben adentrado o inverno.

PROGRAMA COMPLETO CULLEREDO 2010

..:: XOVES 2 DE SETEMBRO ::..
– Ás 22:30. Pregón Inaugural das festas.
– Ás 11:00. Primeira verbena a cargo da fabulosa orquestra PANORAMA

..:: VENRES 3 DE SETEMBRO ::..
– Ás 19:30. Gran Churrascada popular con pan e viño gratis
– Ás 23:00. Verbena a cargo da fabulosa orquestra PARIS DE NOIA e o grupo JJ&SON

..:: SÁBADO 4 DE SETEMBRO ::..
– Ás 13:00. Misa solemne na igrexa Románica na honra de San Roque.
– Ás 14:30. Sesión Vermouth no campo da festa
– Ás 18:00. Xogos e hinchables para os nenos
– Ás 19:00. Concurso de tortillas.
– Chourizada con degustación gratuíta para todos os asistentes amenizadas por un grupo de música tradicional.
– Demostración cabalar.
– Ás 23:00. Actuación da sensacional orquestra PONTEVEDRA e do grupo Folk CA LÚA

..:: DOMINGO 5 DE SETEMBRO ::..
– Ás 09:00. Dianas e alboradas a cargo de varios grupos de gaitas
– Ás 13:00. Misa solemne na honra de San Miguel na igrexa nova
– Ás 14:30. Sesión Vermouth a cargo dunha orquestra e SORTEO DO RAMO
– Ás 18:00. Primeiro partido de fútbol da liga de 3ª rexional do Culleredo
– Ás 19:00. Torneo de Tute.
– Ás 23:00. Actuación dunha GRAN ORQUESTRA

..:: LUNS 6 DE SETEMBRO ::..
– Ás 13:00. Misa solemne na igrexa nova
– Ás 19:30. Mexilloada popular con pan e viño gratis
– Ás 23:00. Fin de festa coas orquestras ALAMEDA BAND e FOLIADA
– No descanso da verbena haberá un sorteo de 600 €

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*