A Fagía abre as festas de Carnés, en Vimianzo

0
410

vimianzo-carnes-2010-festa-da-fagia-cartel-grandeCartel publicado na páxina de Facebook de Parrandeiros na Costa da Morte, lugar onde podes atopar toda a información das festas desta comarca e nas veciñas

Na parroquia vimiancesa de Carnés está xa todo preparado para unha nova edición das festas patronais, que inclúen a famosa festa da Fagía, unha das celebracións gastronómicas de máis sona da Costa da Morte.

Esta festa de índole relixiosa pero tamén gastronómica celébrase cada 9 de xullo, véspera de san Cristovo, nesta parroquia de Vimianzo, sen importar cando cadre. Tanto ten que sexa a martes como a sábado, a data é inamovible aínda que se completa cos días seguintes, neste caso aproveitando toda a fin de semana ata o luns.

Nos arredores da Igrexa parroquial de Carnés, onde ten lugar unha misa na honra de San Cristovo, sérvense os callos preparados polos veciños. Cada pota pertence a unha familia de Carnés; chámanlle pota da Fagía ou de San Cristovo e cédenlla á comisión precisamente para a cocedura dos callos.

A festa complétase durante catro días coa actuación de sete orquestras e grupos musicais (dous por xornada excepto o primeiro día).

En canto ao cartel verbeneiro, este é máis potente que o do ano pasado. Principiou onte venres coa Festa da Fagía e a actuación da orquestra PHILADELPHIA. Por Carnés pasarán outras formacións como PALLADIUM ou ACHÉ, orquestras que tamén teñen moito tirón.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*