Orquestra Philadelphia na I Festa da Luz da Coruña

0
317

Orquesta Philadelphia 2009 0001 Festa da Luz.JPG[flickrset id=”72157620468682247″ thumbnail=”square”]

O pasado día 20 de xuño tivo lugar a I Festa da Luz na Coruña, no entorno da Torre de Hércules. Desde o concello coruñés xa se anunciou que esta celebración terá continuidade cada ano por estas datas polo que debemos felicitarnos polo nacemento dunha nova festa en Galicia e sobre todo na cidade coruñesa, onde estes últimos anos están desaparecendo moitas festas dos diferentes barrios.

A primeira edición da Festa da Luz, á que acudiron 4000 persoas segundo cifras da Policía Local, estivo amenizada pola orquestra PHILADELPHIA, que despregou un repertorio moi variado para agradar ao maior número de xente posible.

O próximo ano teremos de novo unha data ocupada con festa na cidade da Coruña, máxime se hoxe sábado se cumpren os prognósticos e a Torre de Hércules pasa a ser Patrimonio da Humanidade.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*