Dobre celebración en Arteixo: As Flores e Uxes

0
509

festa-das-flores-2009-arteixo-blog1Cartel da Festa das Flores 2009 de Arteixo. Podes clicar para ver a información a maior tamaño

FOLIADA, JOCKER E MONTES NAS FESTAS DAS FLORES DESDE O VENRES AO DOMINGO

MARBELLA, VERSALLES, PARÍS DE NOIA E OLYMPUS EN UXES, DE SÁBADO A LUNS

En Arteixo esta fin de semana hai celebración dobre. Por un lado teñen lugar as Festas das Flores, como cada ano na última semana de maio, e por outro, as de Uxes, no mesmo concello.

Hoxe venres comezan as Festas das Flores de Arteixo, no corazón da vila, con actuacións musicais e celebracións gastronómicas o sábado ao mediodía. Os primeiros en actuar na nova praza da festa serán os integrantes da orquestra coruñesa FOLIADA. O sábado tócalles ao grupo JOCKER e o domingo, para rematar as festas, a encargada da verbena será a orquestra MONTES de Narón.

Tamén se estrea nesta celebración a nova praza, situada na antiga explanada das festas, ao lado da estación de autobuses nova. Trátase dunha humanización do entorno onde viñan tendo lugar as festas das flores e as patronais todos estes anos, con enlousado e iluminación pública. Iso si, o sitio queda moito máis reducido ca antes, o que afectará en principio ao número de atraccións que se poden instalar para as festas.

Pero non só hai festa no corazón do concello. Esta fin de semana teñen lugar tamén as de Uxes, famosas polo seu cartel de orquestras de primeiro nivel. As festas de Uxes comezan mañá sábado coa actuación da orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW, o domingo tócalles a VERSALLES e á PARÍS DE NOIA e o luns, como remate festeiro, actuación da orquestra OLYMPUS de Negreira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*