Burela: festa antes de saír ao bonito

0
511

burela-festas-2009-cartel

FESTAS PATRONAIS DE BURELA, ATA O LUNS 8 DE XUÑO

Burela abre hoxe xoves e ata o luns 8 de xuño as súas festas patronais, en honor á Virxe do Carme e San Xoán. A explicación de que en Burela esta celebración típica do 16 de xullo se celebre a estas alturas do ano non é outra que a campaña do bonito. Os mariñeiros que se dedican ao bonito, actividade principal da vila mariñeira de Burela, están en plena faena polas festas do Carme polo que a celebración dos festexos máis importantes do concello se vén adiantando todos os anos á primeira semana de xuño.

O programa, como vén sendo habitual, é moi completo, con actividades deportivas e a confección das alfombras florais o sábado 6 de xuño. Este último evento fai que Burela se encha de xente especialmente ese día. Ademais, as celebracións patronais da vila caracterízanse por un programa musical de primeiro nivel.

Este ano está programada a celebración de dous concertos: MALVELA o sábado 30 de maio e LA GUARDIA o venres 5 de xuño.

Tamén pasarán pola vila bandas de música, o grupo Ledicia de Burela (o día 30 de maio a continuación do pregón) e orquestras como MONTES (sábado 30), CICLÓN (venres 5), FANIA BLANCO SHOW e ORQUESTRA TV (sábado 6), PARIS DE NOIA e OLYMPUS (domingo 7) e como broche final fin de festa o luns 8: PHILADELPHIA e PANORAMA.

Podes consultar o programa completo das festas patronais de Burela.

PROGRAMA DE ORQUESTRAS BURELA 2009

Sábado 30: MONTES

Venres 5: CICLÓN

Sábado 6: FANIA BLANCO SHOW e ORQUESTRA TV

Domingo 7: PARÍS DE NOIA e OLYMPUS

Luns 8: PHILADELPHIA e PANORAMA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*