Moito rock e verbena con Assia nas festas de Mesoiro

0
224

a-coruna-mesoiro-2010-mesoirock-2010-cartel

O barrio máis novo da cidade da Coruña celebra esta fin de semana as súas festas. A principios do mes de xuño tivemos un mal presentimento ao ver que non había información sobre estas festas, que o ano pasado tiveron lugar na primeira semana de xuño xusto despois das dos Rosales. Pero foi só un mal presentimento, a organización, para economizar nestes tempos de crise, fai coincidir as celebracións do barrio coa outra gran cita musical, o Mesoirock & Folk.

O sábado, co motivo do partido da selección, haberá instalada unha gran pantalla xigante na entrada do recinto e servizo de bar a prezos populares para poder congregar a un gran número de persoas. O Mesoirock 2010 ten unha parte máis “cañeira” o venres e un estilo máis pop rock o sábado. O prezo para os que non son socios da AA VV é de tan só 5 €.

E despois de dúas xornadas de rock dentro dunha cita que pretende consolidarse dentro das grandes datas musicais na cidade, unha única xornada de verbena a cargo dun grupo asturiano que ten moi boa sona e boas críticas ano tras ano. Ademais non se prodigan moito por esta zona de Galicia así que haberá que aproveitar. O grupo ASSIA visita o barrio de Mesoiro para celebrar as súas festas. Será a partir das 21:30 horas. Xornada festiva, pois, asegurada.

grupo-assia-2009-cartelO grupo asturiano Assia actuará o domingo na verbena das festas de Mesoiro

PROGRAMA MESOIROCK 2010

VENRES 2 DE JULIO

THE WHO LIES 19:00H

GRANKAPO 20:00H

THE EYES 21:00H

RIFF RAFF 22:00H

KONFLIKTO 23:15H

JABON BLUE 00:15H

BLAZE BAILEY 01:15H

SÁBADO 3 DE JULIO

PILO SIERRA 19:00H

FRIKIPALDIS 20:00H

REVOLUJION 21:00H

LOS MAC AND RONES 22:15H

SANTI CAMPILLO & THE ELECTRIC BAND 23:30H

LUCAS MASCIANO 01:45H

Sen comentarios

  1. Moitas grazas Xeindre, facemos o que se pode, algunhas veces máis do que se pode, pero vaia, así son os hobbys.
    O barrio de Mesoiro está collendo a estrada que leva á entrada do Carrefour de Alfonso Molina, a que vai ao novo centro comercial Espacio Coruña. Unha vez na rotonda que entra no polígono industrial de POCOMACO, coller á esquerda (á dereita irías para A Coruña, de fronte entrarías no polígono, á esquerda colles para Mesoiro e Feáns). Unha vez pasadas as casas de Pocomaco que están pegadas á estrada chegas a Mesoiro, un barrio con bloques de edificios altos. Na entrada do barrio está o Erosky Center.
    HORARIOS: Do mesoirorock está posto na entrada do blog abaixo de todo. A orquestra, o domingo, actúa ás 21:30.
    Saúdos!!!

Deixa unha resposta


*