París de Noia: máis de medio século de éxito

0
441

paris-de-noia-en-concerto-50-aniversario

Outra das grandes que anuncia macroconcerto: a PARÍS DE NOIA. E non é para menos porque máis de medio século de historia ben o merece.

Fíxose esperar pero ao final hai celebración de aniversario. Será o día 5 de xuño na Festa do Viño de Barrantes cun cartel de artistas moi coñecidos que de seguro acapararán a atención dos asistentes. O festival comeza ás 23 horas.

Pero ao elenco de participantes no concerto hai que engadir un grupo que tamén estará presente no aniversario da orquestra noiesa, trátase de Calle París, que están arrasando co seu tema Tú sólo tú.

O concerto de PARÍS DE NOIA será a primeira grande atracción desta edición da Festa do Viño de Barrantes que se celebra cada ano no concello pontevedrés de Ribadumia.

Iremos informando sobre todas as novas referentes á organización do concerto da PARÍS así como do programa completo da Festa do Viño de Barrantes.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*