Orquestra Trébol: a festa continúa

0
341

orquesta-trebol-2010-webPortada da web da orquestra Trébol 2010

A orquestra TREBOL de Ferrol proponse seguir unha temporada máis de festa, xa van máis de 60 e as que quedan, con moitas novidades neste 2010.

A primeira delas: xa está operativa a páxina web de TREBOL con todas as actualizacións pertinentes ao comezo de cada nova temporada. Os apartados son os habituais nunha páxina de orquestra (historia da formación, compoñentes, calendario de actuacións, contacto, sección multimedia, etc…) e iranse actualizando a medida que vaia pasando o tour 2010.

Pero esta é só unha das moitas novidades que nos agardan, quizais a menos importante se a comparamos co resto: nova cantante en substitución de Sara García, preparación do novo repertorio na liña da orquestra, novo escenario que se espera estrear no mes de maio, novo traballo discográfico, etc.

Non se pode dicir que a formación musical dirixida por Javier Bardanca non vén con ganas de ofrecer unha temporada impecable, como nos ten acostumados. Os ingredientes están aí… e o público tamén terá que poñer do seu lado.

orquesta-trebol-2010-cartelCartel da temporada 2010 da orquestra Trébol de Ferrol

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*