A Coruña: Festas do Pilar no Ventorrillo

0
395

a-coruna-pilar-2009-ventorrillo-cartelO barrio do Ventorrillo celebra as súas festas patronais esta fin de semana. Catro días de celebración con tres verbenas e un concerto, ata o luns 12, día grande das festas.

Estas son unhas festas bastante arraigadas na cidade, caracterizadas por programas de calidade e porque case non fallaron ningún ano desde a súa creación, o que non se pode dicir das festas dos demais barrios salvo moi raras excepcións.

Este ano o programa non é tan vistoso como outros anos, non pola calidade das orquestras, que está garantida, senón porque normalmente actuaban dúas formacións musicais algún día das festas. Tamén é verdade que algún ano teñen sido dous días fronte aos catro deste.

No apartado musical temos que destacar un gran concerto contra a droga a noite do domingo e as verbenas do resto dos días con CINEMA, FOLIADA e XENTE NOVA, estes últimos os encargados de cerrar as celebracións de 2009 no populoso barrio coruñés.

Destacamos a celebración do CONCERTO CONTRA A DROGA por ser este un dos barrios máis afectados pola problemática de Penamoa e toda a situación xerada co desaloxo do poboado e a reinserción dos chabolistas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*