Dúas novas voces para Olympus 2011

0
586

París de Noia - 2010 - 00028 - Aguiño (Ribeira)

Jessica Santín, unha das voces femininas de París de Noia, é unha das novas fichaxes de Olympus / © Foto: roxegar 2010

Xa por todos é coñecido o abandono da cantante de OLYMPUS, Marta Valiño, para formar parte de novo da orquestra COSTA OESTE despois de dous anos de grande éxito na formación musical de Negreira. Pois ben, na banda liderada por Peke xa teñen substitutas, e falamos en plural porque serán dúas as novas voces en OLYMPUS 2011.

A primeira delas, moi coñecida nas orquestras galegas. Falamos de Jessica Santín, que abandona as filas de PARÍS DE NOIA para formar parte da orquestra de Negreira. A outra, Mar Gómez, que deixa a orquestra viguesa TANGO.

París de Noia - 2010 - 00017 - Aguiño (Ribeira)

Jessica actuando coa orquestra París de Noia esta temporada nas festas da Xuventude de Aguiño (Ribeira) / © Foto: roxegar 2010

Unha carreira meteórica

A carreira de Jessica Santín na verbena galega é meteórica. Chegou desde terras catalás para formar parte hai tres temporadas da orquestra coruñesa VERSALLES, na dianteira xunto con Sanela Ferizovic. A temporada seguinte pasou a formar parte doutra orquestra da mesma oficina: CINEMA. A banda pasaba de ter unha voz feminina a dúas: Jessica Santín e Pili Gómez. A continuación veu a etapa que agora cerra, de feito acaba de cerrar porque a PARÍS DE NOIA xa está de vacacións. Na orquestra noiesa formou parte da dianteira xunto a outra ex CINEMA, Genma Lareo.

Orquesta Cinema 2009 - 001

A cantante Jessica Santín a temporada 2009 na orquestra Cinema / © Foto: roxegar 2009

E agora chega unha nova etapa na que pasará a formar parte doutra orquestra considerada das máis grandes: OLYMPUS; pero non estará soa, con ela chega Mar Gómez e a orquestra pasará a ter dúas voces. Este feito é insólito desde que comezara a nova etapa OLYMPUS con Peke e Danni, onde sempre estiveron acompañados por unha única voz (Kristie Jiménez e despois Marta Valiño).

Orquesta Versalles 2008 - 001

Jessica Santín actuando en 2008 coa orquestra Versalles, primeira formación musical da que formou parte en Galicia / © Foto: roxegar 2008

De Tango a Olympus

A outra nova voz de OLYMPUS é Mar Gómez, vocalista da orquestra viguesa TANGO. A cantante xa deixou a súa actual formación musical que “cerra por vacacións” ata a nova temporada. Mar Gómez levaba dúas temporadas na banda viguesa e esta é a primeira orquestra galega da que forma parte, pero a súa incursión na música non vén de agora; Mar estivo tocando durante cinco anos cun grupo musical canario, de onde é ela e de onde regresará coas pilas postas para afrontar un novo e importante reto na súa carreira musical.

Orquesta Tango 2010 - 001A cantante canaria Mar Gómez, unha das voces da orquestra Tango, pasa a formar parte da dianteira de Olympus 2011

A orquestra OLYMPUS pasará a ter na dianteira cinco cantantes (tres homes e dúas mulleres) cando non seis, dado o grande éxito do guitarrista Pablo Somoza durante esta temporada na que interpretou temas actuais e grandes clásicos de xente como Prince, entre outros.

O 31 de outubro cérrase OLYMPUS 2010 dunha maneira moi especial, da que informaremos mañá neste blog. Á volta a orquestra de Negreira chegará renovada e reforzada nas voces femininas para seguir triunfando.

Orquesta Tango 2010 - 002Mar Gómez Robaina actuando coa orquestra Tango esta temporada que acaban de cerrar

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*