Santa Rita trae festas por toda Galicia

0
579

orquesta-jerusalen-2010-cartel1A orquestra Jerusalén actuará a próxima fin de semana en varias festas de Santa Rita

Esta fin de semana celébrase a Santa Rita en moitos lugares de Galicia. En Vilagarcía de Arousa son as segundas festas máis importantes despois das de San Roque (en agosto) e no Barco de Valdeorras tamén (despois das do Cristo, en setembro).

Na cidade arousá comezan xa hoxe xoves, e pola porta grande, coa actuación da orquestra PANORAMA. Foi necesario adiantar un día as festas para que puidese actuar a famosa orquestra, da cal a maioría dos integrantes viven precisamente alí, en Vilagarcía. As festas rematarán o domingo coa actuación do grupo TORNADO.

A orquestra JERUSALÉN actuará en dúas festividades de Santa Rita, en Vilagarcía e Dacón (Maside). Pola súa banda a orquestra PONTEVEDRA actuará o sábado na Santa Rita de Rianxo e o domingo no Barco.

En Rianxo terán o sábado como único día de festa, e en Argalo (Noia) tamén haberá festas de Santa Rita, igual que no concello de Salcedo (Pontevedra).

ARGALO (NOIA)

DÍA 21 .– GRUPO LIMÓN e ORQUESTRA PARÍS DE NOIA

DÍA 22 .- ORQUESTRAS NEBRASKA e ALARMA

DACÓN (MASIDE)

DÍA 22.- ORQUESTRAS CHARLESTON BIG BAND e JERUSALÉN

DÍA 23.- ORQUESTRAS PARÍS DE NOIA e MARBELLA

RIANXO

DÍA 22.- ORQUESTRA PONTEVEDRA

SALCEDO

DÍA 21.- ORQUESTRAS LEDICIA ESPECTÁCULO e TANGO

DÍA 22.- ORQUESTRA POCEIRO BIG BAND e COSTA DORADA

DÍA 23.- ORQUESTRAS FLORIDA e BENIDORM

PROGRAMA DE SANTA RITA, O BARCO DE VALDEORRAS

VENRES 21

– Monicreques “A caixa de música”. Teatro Lauro Olmo. Nenos de 4 a 10 años. (20.00h)

– Baile orquestra NOVA IMPERIAL (20.30 e 24.00h)

SÁBADO 22 DÍA GRANDE

– Misas en honor a Santa Rita (8.00, 9.00, 10.00 e 11.00h)

– Semifinais e finais Copa Autonómica Infantil de Fútbol Sala. Polideportivo de Calabagueiros (9.00 a 13.00 e 16.00 a 20.00h)

– Pasacalles Banda de Música de Paradela (10.00h).

– III Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato. Adestramento. Vilariño (10.00 a 14.00 e 16.00 a 20.30h).

– Tren das festas gratuíto (11.00 a 13.00 e 17.00 a 19.00h).

– Procesión e misa en honor a Santa Rita (12.00).

– Concerto da Banda de Música de Paradela no Malecón (14.00h).

– Copa de España de Descenso. II Copa Galega de Descensos de Augas Bravas, con saída en Éntoma (17.00h).

– Misa en honor a Santa Rita. Igrexa de San Mauro (20.00h).

– Baile e verbena coa orquestra TAMBO (20.30 e 24.00h).

– Final Supercopa Valdeorras de fútbol sala. Categoría absoluta. Pavillón Calabagueiros (21.30h).

DOMINGO 23

– III Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato en Vilariño. Adestramentos (10.00 a 14.00h).

– Fútbol veteranos CD Barco-Foz no estadio de Calabagueiros (12.00h)

– III Gran Premio Vila do Barco de tiro ao prato, en Vilariño. Tirada oficial (16.00 a 20.30h).

– Baile e verbena coa orquestra PONTEVEDRA (20.30 e 24.00h).

LUNS 24

– Pasacalles dun grupo de gaiteiros (10.00h).

– Baile coa orquestra TOKYO (20.30h).

naron-xubia-2010-santa-rita-cartel

PROGRAMA FESTAS DE SANTA RITA 2010 VILAGARCÍA DE AROUSA

vilagarcia-santa-rita-2010-programa-1vilagarcia-santa-rita-2010-programa-2vilagarcia-santa-rita-2010-programa-3vilagarcia-santa-rita-2010-programa-4vilagarcia-santa-rita-2010-programa-5

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*