As webs das orquestras renóvanse para a xira 2009

0
332

Portada da web da Orquesta Cinema

Comezada a nova temporada, tamén é o momento no que as orquestras e grupos de Galicia renovan ou estrean as súas páxinas web para manternos informados e actualizados sobre os cambios de músicos e cantantes, novos escenarios, novos repertorios e todo o que teña que ver coa orquestra en cuestión.

Unha das webs que ofrece os maiores cambios en canto a imaxe se refire é a da PARÍS DE NOIA, estreada hai unhas poucas semanas, cunha portada impactante onde destaca a Torre de Hércules. Outra que acaba de ser presentada é a do grupo D’MODA, con novos apartados e toda a información sobre a formación musical, que promete un espectáculo moi orixinal. COSTA OESTE, CINEMA , PHILADELPHIA e ACHÉ son outras das orquestras que veñen de presentar as súas novas webs onde informan, entre outros asuntos, dos cambios de músicos para a temporada 2009.

PANORAMA tamén acaba de presentar oficialmente a súa nova xira EL GRAN MUSICAL TOUR ’09 con lavado de cara da súa páxina web acorde coa presentación da orquestra para este ano, a modo de gran musical de teatro, con pano vermello incluído.

Pola súa banda, a orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES dá un xiro de 360 graos e presenta unha páxina web con toda a información musical, calendario, apartado de fotos dos compoñentes e onde se nos adianta a estrea do novo escenario este mesmo mes de maio. Outra orquestra coruñesa, a VERSALLES, tamén presentou recentemente a súa nova páxina web con importantes incorporacións, onde destaca a dianteira da formación musical con tres cambios.

E doutra banda, a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND acaba de abrir a súa nova páxina de fans con todos os apartados da anterior web. Tamén existe un blog de seguidores da CHARLESTON con información, entrevistas, datas de actuacións, etc.

Outra formación con web nova é a SUAVECITO ORQUESTA, con novas seccións, apartados de calendario, multimedia, etc. Ademais, a orquestra de  Carlos Mariano está inmersa na celebración do seu 30 aniversario.

Tamén a outra orquesta SUAVECITO (Espectáculos Lito) lanza un novo apartado titulado “pregúntale a suavecito” onde os internautas poden preguntar todo o que queiran sobre a orquestra e os integrantes contestarán a través de vídeos coa maior brevidade posible.

Este non quere ser máis que un breve resumo das webs das orquestras e grupos musicais ante o comezo da nova temporada. Tes á túa disposición unha ampla lista de páxinas web de orquestras no apartado de enlaces. Se falta a túa orquestra favorita ou grupo podes enviarnos o enderezo a festaafesta.blog@gmail.es

Sen comentarios

  1. De nada, gracias a ti… Aunque como bien decías tu en tu notica la web oficial será abirta en breve ya que esta pertnece al club de fans de la orquesta. Un besito!

Deixa unha resposta


*