Gastronomía e música de primeira en Golmar (A Laracha)

0
419

a-laracha-golmar-2009-festa-dos-rixons-cartel

A localidade de Golmar, no concello coruñés da Laracha, celebra o vindeiro venres unha das festas gastronómicas de máis fama na zona: a festa dos rixóns, que xa vai pola décimo terceira edición.

Gastronomía de primeira e música do melloriño: LOS SATÉLITES. A orquestra coruñesa amenizará outra noite a festa en Golmar. LOS SATÉLITES xa estiveron en varias ocasións polo concello, a última vez nas festas do verán, pero desta volta a verbena será diferente porque a formación musical volve das súas vacacións coas pilas cargadas e deseguro que con cambios e sorpresas no repertorio. Continúan un ano máis os mesmos compoñentes liderados pola arteixá Alma Beatriz e as voces masculinas Enric e Noly.

E para que non haxa ningún problema coa chuvia nin co frío, habilitaranse tres grandes carpas con calefacción para dar cabida ao numeroso público que sen dúbida se achegará a Golmar: boa comida (á parte dos rixóns haberá tamén callos), e barata, e boa música para facer a dixestión. Este venres en Golmar hai festa da boa. Recomendado 100%.

a-laracha-golmar-2009-festa-dos-rixons-satelitesFotografía de Los Satélites na última cita en Golmar, o pasado verán.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*