Día grande en San Vicente de Vigo

0
232

orquesta-marbella-2010-cartelA orquestra Marbella xunto co grupo Tekila serán os encargados de poñer hoxe, día grande, a música nas festas de San Vicente de Vigo (Carral)

Nalgúns lugares de Galicia non deben estar conformes con que haxa churrascada ou sardiñada así, a secas. En San Vicente de Vigo (Carral) a frase faise coa preposición “e”: churrascada e sardiñada, as dúas. E tamén con boa festa por parte do grupo asturiano TEKILA e da orquestra pontevedresa MARBELLA. Así que con estes alicientes é normal que a xornada festiva de hoxe, a máis importante das tres, sexa todo un éxito.

A orquestra NOVA IMPERIAL e o grupo MEMFIS serán os encargados de poñer a música o sábado e mais o domingo respectivamente. O concello de Carral prepárase para as súas festas patronais do Socorro, que comezarán dentro duns días e traerán de novo ao concello cinco días de festa rachada. De momento, en San Vicente de Vigo espéranos tamén unha boa cita festeira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*