Nova edición da Festa das uñas en San Lázaro

0
204

Festa das Uñas, San Lázaro, Santiago de Compostela, cartel

En Festa a Festa ofrecemos o programa da Festa das uñas, unha nova edición da exaltación gastronómica do barrio compostelán de San Lázaro. Destacamos a degustación nos locais da zona o domingo ou en carpa, coas racións a 5 €, e a programación musical que comeza hoxe co grupo SAMBA e a orquestra COSTA OESTE e remata o luns coa Xira do Xacobeo da orquestra PANORAMA. A festa ten lugar nas proximidades do estadio de San Lázaro, con bo sitio para as atraccións de feira e as orquestras, e con faciliades para o aparcamento.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*