Festa e cultura no barrio de San Pedro, en Compostela

0
349

festas-do-barrio-de-san-pedro-santiago-2009-cartel

Comezan as festas do barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. Vendo o cartel, verdadeira obra de arte, como cada ano, decatámonos de que aínda que hai actos e actividades propios das festas populares (verbenas, churrascada, romaría…) priman nestas celebracións outros actos máis lúdico-culturais que converten estas festas en referencia para toda Galicia como poden ser os obradoiros, o teatro, a danza tradicional, exposicións, poesía e mesmo astronomía.

No apartado de verbenas cabe salientar a actuación da orquestra LAMAS. As festas rematan o domingo no parque de Belvis con obradoiros, actuacións, xogos populares, polvo e churrasco.

orquesta-lamas-cartel-2009Cartel da orquestra Lamas 2009, que actuará o sábado 27 no barrio compostelán de San Pedro

festas-do-barrio-de-san-pedro-santiago-2009-programa

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*