Panorama de novo na TVG

0
191

Orquesta Panorama 2009 0042 - II Gala Panorama contra o cancro.JPG

David Bisbal con Jorge e Diana de Panorama na II Gala contra o Cancro. Podes acceder á galería de imaxes da gala clicando na foto

VENRES 28, TVG, 23:00 HORAS. ESPECIAL ORQUESTRA PANORAMA

A orquestra PANORAMA confirmou onte aos seus seguidores mediante e-mail e tamén no apartado de noticias da súa web unha nova emisión na TVG da II Gala Contra o Cancro que se gravou o pasado 30 de abril en Ordes e á que asistiron importantes artistas como MELOCOS, OBK, MARTA SÁNCHEZ, CARLOS BAUTE, KIKO Y SHARA, BNK, MARIO MENDES, ÁLEX, VICKY E TATIANA (Fama, a bailar!), DAVID BUSTAMANTE, MAFY, ASTAROT, DAVID BISBAL, etc…

A emisión da gala baixo o título ESPECIAL ORQUESTRA PANORAMA será mañá venres ás 23:00 horas, xusto despois do partido de Supercopa. Deste xeito vólvese atrasar a terceira entrega do programa QUEN TOCA? no que deberían actuar as orquestras PHILADELPHIA e OLYMPUS. Supoñemos que a emisión que falta de QUEN TOCA? se atrasa ata o vindeiro 4 de setembro. Esta é xa a segunda vez que se cambia a emisión do exitoso programa xa que o pasado venres a canle autonómica emitiu a Gala da orquestra PARÍS DE NOIA gravada o venres 5 de xuño en Barrantes para conmemorar o 50 Aniversario da orquestra. Tamén aquí estiveron importantes artistas como ROSA, DAVID CIVERA, LA MADRE DEL TOPO ou DANI MATA entre outros moitos.

QUEN TOCA? deberá agardar polo menos unha semana máis. O exitoso programa bateu marcas de audiencia en Galicia nas súas dúas primeiras entregas, nas que actuaron as orquestras PANORAMA e COSTA OESTE, e PARÍS DE NOIA e CHARLESTON BIG BAND.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*