Lestrove ofrece un cartel espectacular e moi variado

0
709

Dodro Lestrove 2010 cartelSeis formacións musicais amenizarán un ano máis as festas en Lestrove (Dodro)

A localidade de Lestrove, pertencente ao concello de Dodro, celebra as súas festas durante catro días cun cartel máis que bo para os tempos que corren. Algunhas orquestras moi coñecidas estarán presentes na vila, que durante as próximas xornadas vestirá as mellores galas.

O grupo MASTER e a orquestra padronesa CHARLESTON BIG BAND son os encargados de abrir as verbenas mañá domingo, aínda que oficialmente as festas comezaron hoxe sábado co espectáculo de EL TOMASÓN, unha escola de baile fundada polo cubano asentado en Ribeira Orlando González Cruz. Esta escola de baile funciona desde 2002. EL TOMASÓN xa abriu o pasado ano as celebracións dos aflixidos nesta localidade.

A gran mexilloada e unha sesión de música con dous DJ completan o día de inauguración dunhas festas que, lonxe de baixar en calidade, parece que cada ano melloran o cartel.

O luns é a vez para outras dúas orquestras, pesos pesados en 2010: ACHÉ e PHILADELPHIA. A primeira delas, ademais, acaba de estrear CD e a segunda ofrece novas montaxes no espectáculo. É unha boa ocasión para velas en directo.

O martes rematan as festas da man doutras dúas boas orquestras como son a PALLADIUM e a incombustible PANORAMA co seu espectáculo A Xira do Xacobeo. Outra que vén de estrear un musical de cine de máis de dez minutos de duración sobre o escenario.

Con este cartel a festa está garantida e ademais a variedade das orquestras asegura poder escoitar en Lestrove todos os estilos de música.

Cómo chove miudiño,

cómo miudiño chove;

cómo chove miudiño

pola banda de Laíño,

pola banda de Lestrove.

Rosalía de Castro. 1837 – 1885

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*