Unha das citas festeiras máis importantes do Barbanza en xullo. Boiro celebra as súas Festas do Verán cun completo programa de actividades e un recinto feiral dos máis importantes de Galicia situado na avenida da Constitución.

No apartado de atraccións, moitas que xa son típicas como o saltamontes, as pistas de maiores e pequenos, os karts, o barco pirata, a “olla loca”, o Break Dance, xunto con outras que veñen menos como a montaña de auga “Cataratas” e mesmo algunha novidade como o Move It e o Gigant XXL xunto cunha gran variedade de atraccións infantís. No apartado de orquestras e grupos, moitos e variados como SAMBA, PALLADIUM ou a PONTEVEDRA, ademais dalgunhas das que máis xente arrastran como EL COMBO DOMINICANO e a PANORAMA, que cerra as festas xunto coa ROYAL ORQUESTA DE GALICIA.

As festas de Boiro son cita obrigada para calquera bo festeiro do Barbanza; as próximas: Aguiño (Ribeira), Cabo da Cruz (Boiro), as festas do Carme en Rianxo ou a Festa da Dorna de Ribeira entre outras. Na comarca do Barbanza nunca paramos.

Boiro 2016 - Festas do Verán - programa

Boiro 2016 - Festas do Verán - programa

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*