Dúas Festas da Xuventude destacadas para esta fin de semana:
No Concello de Catoira, en Dimo, LA NUEVA PHILA e RITMO JOVEN. A primeira presentándose como nova formación musical integrada por grandes músicos e cantantes da verbena galega e que dará moito que falar esta temporada. A segunda, unha grande coñecida no campo da festa que este ano vén totalmente renovada e con fichaxes de luxo.
No Concello de Paradela, en Andreade, un man a man entre dúas das principais orquestras de Galicia: PARÍS DE NOIA e PANORAMA, que estarán acompañadas por unha discoteca móbil para prolongar a festa ata altas horas da madrugada.