Lugo 2016 - Expoverbena

Chegou unha das fins de semana máis importantes para a verbena galega. Expoverbena, o festival de orquestras máis importante de Galicia hoxe por hoxe, que terá lugar, unha vez máis no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, abre as súas portas de forma gratuíta durante a tarde-noite de hoxe venres e mañá sábado.

Todo está preparado para que durante as dúas xornadas dez grandes formacións musicais presenten oficialmente a súa temporada 2016. E para completar o gran cartel festivo preparado para este ano, haberá outras actividades lúdicas como atraccións para os nenos, e servizo de cafetería-restaurante como de costume para que non falte de nada.

Pero se non che é posible acudir a Lugo, podes seguir o festival verbeneiro a través dos links facilitados pola organización a través de YouTube e que tamén ofrecemos na nosa páxina. Xa non tes escusa para gozar de grandes formacións musicais como BREIXA BAND, COSTA DORADA, o grupo LIMÓN, a orquestra COMPOSTELA ou a formación asturiana ÉLITE, entre outras moitas.

Oficialmente, coa Pascua padronesa, as festas da xuventude e o Expoverbena en Lugo, comeza a temporada.

Para seguir Expoverbena na xornada de venres accede a través deste enlace:

Para seguir as actuacións de mañá sábado, usa o seguinte link:

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*