Poceiro Big Band visita Radio Valga

0
407

orquesta-poceiro-2009-cartel1

Nova tarde de xoves, e polo tanto novo programa de Palco de Estrelas, coma sempre conducido por Daniel Seijas.

Hoxe visitan o programa de Radio Valga varios dos compoñentes da orquestra POCEIRO. Dicimos varios porque todos son unha tropa (16 no escenario). Entre eles, como non, as dúas voces masculinas da formación: Luis Rey e Miguel Torres, o Mestre.

Con máis de 70 anos e case toda a vida nos escenarios, o coñecido cantante, famoso entre outras moitas facetas polo seu paso pola orquestra COMPOSTELA, ten aínda moito que dicir e sobre todo, moito que nos ensinar aos que nos gusta o mundo da verbena.

A partir das 19:00 horas en Radio Valga (107.4 fm), e ata altas horas da madrugada, un novo encontro co mundo das orquestras: hoxe unha das grandes e clásicas, a POCEIRO.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*