Javi Comesaña e Sonia Montero, dous dos vocalistas de Costa Oeste / © Fotografía: roxegar 2010
Hoxe publicamos en Festa a Festa vídeos dunha das orquestras máis demandadas polos asiduos a este blog. Deste hai tempo algúns seguidores pídennos que publiquemos vídeos de COSTA OESTE. Aquí están, e aínda haberá algúns máis. Á espera de poder ter novo material de 2011 hoxe tocan vídeos inéditos da temporada pasada. Esperamos que vos gusten…
PRÓXIMA GALERÍA DE VÍDEOS: GRUPO LA OCA
bonita reportaxe. NORABOA polo voso traballo. Teño ganas de ver a Marta de novo en C. Oeste…….. haber si hai sorte e a temos pretiño.
un besiño amigos.
Moitas gracias a ti, Olga, por estares sempre aí. Así o traballo non se fai tan duro. Saúdos!!!
Gracias polos videos Roxe estan moi logrados jajaja empeza outra temporada verbeneira e como sempre esperaremos as tuas noticias. Gracias polo traballo que desempeñas
Moitas grazas a ti, Judit, por estares sempre aí apoiando este humilde proxecto. Un saúdo!!!
PD: Pronto máis vídeos de COSTA OESTE e ao mellor unha galería de fotos.