Outra exaltación do percebe en Ribeira

0
392

ribeira-festa-do-percebe-de-aguino-32009-cartelFESTA DO PERCEBE DE AGUIÑO (RIBEIRA), 26 DE XULLO 2009

O concello de Ribeira non para de ofrecer celebracións festeiras para os seus veciños e numerosos visitantes e turistas aos que acolle durante o verán. Acabadas onte as Festas da Dorna, hoxe tócalle ao percebe de Aguiño, unha exaltación gastronómica que cada ano vai a máis. E unha vez rematada a festa do Percebe de Aguiño só haberá dous días de descanso. O mércores comezan as Festas do Verán de Ribeira, ata o luns 3 de agosto.

A intención dos organizadores era que a Festa do Percebe tivese lugar o 25, festa do Apóstolo. Non obstante, rexeitouse esta posibilidade para evitar coincidencias con outras celebracións. Tras comprobar os resultados de anos anteriores, o cabido pretende nesta edición poñer máis crustáceo á disposición do público. O patrón maior, Juan Manuel Oujo, dixo que esperan recoller dúas toneladas coa finalidade de que ninguén quede sen probar este marisco. A Festa do Percebe de Aguiño estase a consolidar entre as máis importantes de Galicia. O ano pasado acudiron á degustación ao redor de cinco mil persoas, segundo explicaron fontes da organización, e preténdese consolidar a festa como o mellor escaparate para dar a coñecer un produto de excelente calidade.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*