Grandes festas en Camelle

0
512

camelle-2009-cartelPodes clicar na imaxe para vela a maior tamaño

Lendo o cartel das festas de Camelle (Camariñas) non queda ningunha dúbida: comezan hoxe as festazas de Camelle con seis formacións musicais, catro delas moi recoñecidas polo público.

A primeira verbena (hoxe) ten como protagonistas o grupo ECLIPSE e unha orquestra sorpresa que non é outra que a JERUSALÉN. Ademais disto haberá unha churrascada e despois do baile unha boa queimada para levar o corpo ben composto para a casa.

Mañá sábado tocarán en Camelle o grupo TROLE e a orquestra coruñesa FOLIADA. Nesta temporada 2009 FOLIADA ten nova cantante, Eva, que substitúe a Kirenia.

E o domingo, é o día grande, polo menos musicalmente falando: o grupo CICLÓN que está arrasando literalmente os campos da festa nesta xira 2009 e a grande orquestra espectáculo PARÍS DE NOIA coa súa exitosa nova xira.

Que máis se pode pedir? Pois que o tempo acompañe e faga gala de que estamos no verán, que hai días que non o parece.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*