Panorama: estrea en tempo marca

0
299

DSC_6217Panorama acaba de estrear novo escenario, practicamente igual que o que ardeu. Na foto o anterior palco nas festas do Burgo / © foto: roxegar 2010

A orquestra PANORAMA xa funciona case con normalidade. O pasado venres, nas festas de Guillán, a formación musical estreaba novo escenario preparado en tempo marca. No taller de Cuntis onde fabrican as plataformas das orquestras máis populares de Galicia traballaron día e noite para facer realidade o novo palco, semellante ao que ardera só cinco días antes na autoestrada.

Con horas de atraso, iso si, pero a espera pagou a pena. Aínda que houbo que soportar os tráilers no medio do campo ata as 12 da noite, a PANORAMA estreaba ás 02.30 da mañá o seu novo escenario; xemelgo do que ardera a comezos de semana. A orquestra SINTONÍA DE VIGO abriu a súa actuación en pase único ás 00.30 e dúas horas e media despois PANORAMA facía o propio. Desta forma o único percance do que se lles pode culpar é a hora de comezo, porque polo demais houbo festa continua desde o principio ata o final.

O novo escenario

Aínda faltan moitos detalles para volver a ver unha plataforma como a que usaba PANORAMA ata o pasado fatídico luns, pero algúns deles resultan case inapreciables para a maioría da xente. Para os seguidores habituais da orquestra faltan cousas: a escaleira central, as pantallas laterais, as lonas rotuladas, a posta en escena dalgúns artiluxios que funcionan con motor ou a imposibilidade de poder seguir presentando o novo musical estreado hai unhas semanas. Os laterais do escenario tamén están cerrados e as escaleiras laterais non están despregadas.

Pero fóra diso, na orquestra permanecen intactas as ilusións e ganas por seguir ofrecéndonos o mellor que poden o seu espectáculo e unha forma moi particular de desenvolver unha verbena en Galicia. Algúns non están de acordo con esta “filosofía verbeneira” pero aí xa non se pode facer nada. Para gustos, as cores, e en PANORAMA, por fin, parece que todo volve a lucir como se nada tivese pasado.

Sen comentarios

  1. moi boa esta noticia, eu como unha fiel seguidora de esta grande orquesta, que a pesar do seu espectáculo e o seu escenario, son 25 personas maravillosas, que personalmente, de todos eles, 13 son os mellores músicos ke hai debaixo das estrellas.
    síntome moi orgullosa de pertencer a esta gran familia, a este club de fans ke tanto nos fai disfrutar.
    con ou sin escenario, sabía ke panorama nonos iva a defraudar, hasta bailando enriba dunha mesa son fantásticos.
    sólo desexarlles o mellor no ke resta de temporada e a miña noraboa a todos estos técnicos, montadores, talleres lópez………… a todos eles, NORABOA polo voso traballo en tempo récord.
    E como mb dí a canción: ¡VAMOS ARRIBA, VAMOS ARRIBA, VAMOS ARRIBA, CON PA NO RA MA !!!

    UN SAUDO.

Deixa unha resposta


*