De luns a venres, festa en Bealo

0
518

Boiro San Ramón Bealo 2010 - cartel para FlickrClica na imaxe para vela a maior tamaño

A localidade boirense de Bealo está de festas. Para que a semana laboral despois das vacacións se leve o mellor posible, cinco días de festa de luns a venres.

Desde hai uns días podes consultar no apartado da dereita, neste blog, en Fotos recentes, o cartel das festas de San Ramón en Bealo. Comezaban o luns coa actuación de dous grupos que están traballando moi ben este ano: OCÉANO e TRIUNFO. Hai unhas horas tocoulles á orquestra VENEZIA e á formación musical PARAÍSO. E para a verbena do mércores a festa segue in crescendo coa actuación das orquestras PONTEVEDRA e a estradense GALILEA. O xoves é un dos días máis fortes coa actuación da padronesa CHARLESTON BIG BAND e PARÍS DE NOIA. Para o venres, último día de celebracións, está programada a verbena con TAMBO e a orquestra ABANICO desde o veciño Rianxo.

Unha boa oportunidade pola semana para ver boas orquestras e botar un baile. Para a fin de semana traeremos máis propostas festeiras. Boa festa!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*