En directo co grupo Samba

0
393

Publicamos hoxe en Festa a Festa vídeos do grupo pontevedrés SAMBA. Antonio González e Estela Rodríguez, voces principais de SAMBA, son tamén os principais protagonistas dos vídeos aínda que o traballo do grupo é colectivo e o resto de músicos á parte de tocar os instrumentos tamén axudan nos coros.

Novo escenario e nova montaxe, novo disco que xa está dispoñible e tamén cambios no repertorio forman as novidades para 2010 do grupo SAMBA. Nesta primeira publicación editamos catro vídeos do grupo pontevedrés que este ano está de aniversario. Seguiremos editando material de SAMBA e queremos agradecer desde Festa a Festa a atención coa que nos tratan desde o grupo facilitando o noso traballo en todo o que poden.

Hoxe en directo, a música do grupo SAMBA, boa música e boa festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*